Rinlo e as súas cetáreas. Concello de Ribadeo

Foi alá polo ano 1904 cando se constrúe en Rinlo a primeira cetárea natural aproveitando para iso unha entrada que o propio mar fora furando ao longo dos anos. Logo dun duro traballo conseguiuse pechar o muro que encorarías as augas onde se depositaría o marisco. A finalidade da cetárea era aumentar a dispoñibilidade do mesmo para os momentos de maior demanda.
Os principais crustáceos que se criaban eran lagostas, centolos, bois de mar e lumbrigantes. Co paso do tempo e a crecente demanda, foi precisa a construcción dunha segunda cetárea de maiores dimensións situada a cincocentos metros da primeira. E pouco despois, unha terceira que xa contaba con dúas instalacións diferentes, unha natural e outra que funcionaba cun sistema de bombeo salvando unha altura duns vinte metros.
Pódense visitar as tres cetáreas cun agradable paseo pola costa duns tres quilómetros escasos. E como non, anímovos a perdervos polas rúas deste pintoresco pobo mariñeiro.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *