O último día amosábavos unhas impresionantes vistas do río Miño dende Galiza, e asegúrovos que estas dende o país veciño tampouco vos van deixar indiferentes.
Vila Nova de Cerveira, alén da beleza da súa propia vila, obséquianos con esta panorámica dende os seus miradoiros aos que se pode acceder practicamente en coche ou tamén a través dun fermoso roteiro.
Os miradoiros son o da Porta do Céu, tamén coñecido como Porta do Espírito Santo, e o Miradouro do Cervo. O bambán xa non está, queda a fotografía de recordo!




