Río Tea. Camiño de Taverneiro. Etapa 2: de Ponteareas a Pazos de Borbén.

O derradeiro día falábavos dos tesouros da vila de Ponteareas e hoxe imos comezar á beira do río Tea, que xa foi o noso compañeiro de viaxe na primeira etapa tamén. Alén da súa beleza paisaxística e da rica flora e fauna que o habita, este tramo da senda amosaranos as ruínas dunha antiga central hidroeléctrica, a estación de captura de peixe e a praia fluvial de A Freixa.
Tamén outras construcións tradicionais de diferentes épocas vinculadas ao río coma muíños, pontes ou o castro da Croa. Pénsase que os habitantes deste último de adicaban á minería e á extracción de ouro do río. Como vedes non todo son peixes! E no que ás pontes se refire, vou facer referencia a unha xa desaparecida, a de Pontecóns, de orixe dubidosa, grandes dimensións e un interrogante no que respecta a súa desaparición.
Abandonaremos o Tea á altura do cruceiro do Cristo do Piñón, de 1780 e ubicado sobre un montículo rochoso, onde se celebra a romaría do Cristo do Piñón o segundo domingo de agosto. Din os veciños que se fixo como promesa para salvar a vida das persoas que cruzaban o río un día de crecida. Da propia cruz colgan uns ferros onde penduraban farois de aceite como sinal de devoción.
E ata aquí por hoxe! Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *