Roteiro Arcade- Cesantes- Redondela – Campo da Rata

Esta camiñata é duns 21km soamente de ida. Partimos dende o porto de Arcade e pasaremos pola belísima praia de Cesantes cunhas magníficas vistas da Illa de San Simón. Parte do camiño transcorre polo monte e outra parte preto da auga. En Redondela pasamos polo porto antigo e dende ahí comezamos a subir.
Unha parte do roteiro é común coa senda da auga, moi agradable e chea de peregrinos. Chegamos finalmente ao miradoiro do Campo da Rata dende onde a panorámica da Ría de Vigo me deixa abraiada.
O camiño está perfectamente limpo e non ten dificultade algunha excepto pola subida final. Aínda así non é unha subida técnica.
Ata este mirador pódese chegar practicamente en coche tamén.
Recoméndoa encarecidamente 😎❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *