Roteiro Barxa- Balneario do Mondón- Aceveda- San Martín

Roteiro Barxa- Balneario do Mondón- Aceveda- San Martín
Este roteiro circular de pouco máis de 14km parte da aldea de Barxa e discorre paralelo ao río Xares e ao encoro de Santa Badia ata chegar ás ruínas do antigo balneario do Mondón, que quedou en desuso no 1936. Dende ahí seguimos ascendendo ata o pobo de Aceveda, o mirador da Fraga e a aldea de San Martín.
As vistas son impresionantes todo o percorrido, o camiño está limpo excepto algún punto moi concreto aínda que non está sinalizada a ruta en sí.
O balneario garda un encanto especial e só se pode chegar ao mesmo a pé.
Existe outra ruta máis longa, duns 24km.
A disfrutalo 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *