Esta senda circular de 12km parte do concello de Cotobade onde hai un aparcamento para poder deixar alí o coche.
Decorre por fermosos camiños onde a auga foi a gran protagonista ese día. Non a recomendo en épocas de choivas abundantes salvo que sexades dos que vos gusta levar os pés enchoupados totalmente
.
Pasa pola aldea abandonada de Arufe onde se mantén unicamente a estructura de varias casas antigas así coma un pombar. É un lugar realmente máxico.
Tamén se pode visitar soamente a aldea abandonada se se quere deixando o coche en O Igrexario, que é o pobo máis próximo. Dende ahí é un pequeno paseo ata dar coas primeiras ruínas.



















