Roteiro Cova da Moura. Monção. Portugal

Este percorrido circular duns quince quilómetros de lonxitude aproximada, parte do Santuario dos Milagres, en Outeiro, Cambeses. A través de bosques de piñeiros e carballos e campos de viñas, coñeceremos fermosas aldeas con tesouros coma o pelouriño e a Quinta de Carregal, do século XVIII. Tamén o palacio da Brejoeira, considerado monumento nacional dende 1910 e construído no século XIX e, como non, o propio Santuario dos Milagres, rematado no ano 1602, e a Igrexa Parroquial de Cambeses.
En canto a áreas fluviais, este roteiro tampouco decepciona. A ponte medieval de Sendim, os muíños, a praia fluvial e a ponte medieval de Pinheiros así coma a praia fluvial de Breia, son algúns dos exemplos da beleza que rodea as augas do río Gadanha, protagonista indiscutible.
A pesar da súa lonxitude, este ruta non presenta grande dificultade, pois carece practicamente de desnivel e unha porcentaxe importante transcorre pola estrada. Os outros camiños están limpos e sinalizados, aínda que a vexetación comeza a ser abundante e a tapar algunhas das indicacións, co que recomendo un apoio externo.
E antes de que me esqueza, teño que darlle as grazas á fermosa cadeliña da zona que me acompañou todo este roteiro coma unha campioa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *