Como ben sabedes os que me seguides habitualmente, Portugal é a miña segunda casa. E desta vez vou cambiar o Galiza de Cabo a Rabo por Portugal de Lés-a-Lés para falarvos desta estrada nacional que, cuns 739 quilómetros, sendo a máis longa do país, atravesa Portugal polo interior de norte a sur.
Dende Chaves ata Faro, é perfecta para descubrir as zonas menos coñecidas do país veciño pero non por iso con menos que ofrecer. Con historia, patrimonio, fermosas paisaxes e aldeas e cidades que conseguiron preservar a súa esencia co pasar dos anos, asegúrovos que non defrauda.



















