Este fermoso roteiro de pouco máis de sete quilómetros conta cun punto de partida excelente no ecoespazo do Rexo. Con sitio para deixar o coche e posibilidade de ver pastar as súas ovelliñas, refrescar os pés no río á volta ou mesmo repoñer forzas según a hora que sexa.
É un roteiro sinxelo, sen grande dificultade técnica, e aínda que ten un pouco de subida na primeira parte é apta para todos os públicos.
Está ben limpa e sinalizada, excepto nun dos primeiros cruces, e dende fai pouco conta cunha audioguía que se pode descargar así que non hai fallo.
Pasa polas aldeas de Valverde, Requeixo de Valverde e Paciños. Todas elas contan con casa restauradas respetando a arquitectura tradicional galega. As vistas son moi fermosas dende a igrexa de Requeixo de Valverde.
Non deixedes de visitar o ecoespazo do Rexo e se vos gusta camiñar non o pensedes dúas veces.
Pd. Non irse sen probar o queixo 





















