Roteiro da Pedra Alçada. Serra D’Arga. Portugal

Partindo da espectacular xoia que é o Mosteiro de São João de Arga, de arquitectura románica, iniciamos este percurso circular de pouco máis de once quilómetros de lonxitude.
Perfectamente marcado e conservado, levaranos por paisaxes totalmente dispares. Atravesaremos frondosos bosques, sendeiros estreitos entre densa vexetación, pistas descubertas con panorámicas espectaculares, penedos de formas variopintas e a aldea de Santo Aginha coa súa igrexa parroquial e un interesante peto de ánimas. Dende o alto sorprenderannos as vistas cara o monte de Santa Trega ao fondo e a desembocadura do río Miño.
Aínda que ten algún tramo de subida, é perfectamente executable. Hai que ter en conta que os tramos de subida non contan con sombra, así que ollo nos días de calor. O resto do roteiro sí ten bastantes tramos sombríos.
Sen dúbida, un gran acerto! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *