Roteiro da Pedra do Lobo. Covelo

Este roteiro circular duns 9km ten como principio e fin O Castro de Santiago de Covelo.
Fixen esta ruta o domingo pasado e non sei se é algo circunstancial ou habitual pero o estado do camiño era realmente lamentable. Unha parte do “sendeiro” era unha absoluta mestura de toxos e silvas o que fixo que non a disfrutara en absoluto.
Se alguén a quere facer, aconsello que se pregunte primeiro polo estado da mesma. As fotos que adxunto son da parte boa do camiño.
E remato lamentando profundamente o pouco conservada que está a nosa riqueza paisaxística. Saio de sendeirismo cada semana, ás veces máis dunha vez, e raras son as ocasións nas que todo o camiño está limpo, xa por non falar de sinalizado.
Despois de moito viaxar quero dicir que coma Galiza non hai nada, pero que compre que amemos o noso como o fan noutros sitios, e que o coidemos para poder disfrutalo como é debido ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *