Roteiro das Brandas de Sistelo. Portugal.

Con dez quilómetros escasos de lonxitude, este roteiro circular ten múltiples atractivos que o colocan coma un dos imprescindibles en caso de visitar a zona. Partindo da aldea de Sistelo ascenderemos, cunha paisaxe de fondo ateigada de socalcos, ata a branda do Alhal e a de Río Covo. Non hai exemplo mellor ca este para percibir a cultura e o modo de vida da zona.
Todo o camiño está limpo e ben sinalizado. Ollo nos días especialmente calurosos pois a sombra é escasa e conta cunha subida mantida importante na primeira parte do roteiro.
Sobra dicir que a visita pormenorizada do núcleo de Sistelo é máis que obrigatoria. Casas tradicionais, canastros, lavadoiros, fonte, igrexa matriz, castelo do Vizconde, fermosas vistas… non é sen razón que está considerado unha das sete marabillas de Portugal!
Prometo que vos encantará! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *