Este roteiro circular duns 11 quilómetros de lonxitude, parte do parque de merendas da Serradela, dende onde o primeiro que faremos será contemplar as fermosas vistas da serra que nos ofrece o “Baloiço da Serradela”. Unha cabana de pastores, a Pedra Escrita, as ruínas dunha casa forestal, a panorámica dende o parque eólico de Alto da Vaca e a coroación do vértice xeodésico de Cabeço de Vaca son outros dos moitos atractivos desta ruta.
Os camiños son moi variopintos, alternando tramos de asfalto con pistas de terra e sendeiros entre a vexetación. Todos están limpos pero a sinalización é mellorable nalgúns puntos concretos. Ollo nos días de calor pois a maioría do percorrido carece de sombra algunha. E tampouco vos vou omitir que conta cunha subidiña considerable. Iso sí, os diferentes amiguiños de catro patas que sairán ao voso encontro faranvos máis levadeiro o esforzo.
Espero que vos guste! 

