Roteiro de Campos. Vieira de Minho. Portugal.

Con 15 quilómetros de lonxitude, este roteiro circular que parte da aldea de Campos, levaranos no seu percorrido a través de verdes lameiros, florestas do máis variadas e unha fermosa panorámica da serra tinguida de cores de outono.
Pero isto non é todo, xa que da man das augas do río Lage descubriremos unha pintoresca ponte, muíños que de seguro teñen moito que contar e unha praia fluvial á que voltaremos con temperaturas máis altas!
E como guinda deste pastel, resta falar da propia aldea de Campos, con grandes canastros e eiras, casas que son perfecto reflexo da arquitectura tradicional da zona, unha igrexa cun cruceiro no que reza a data de 1600 e un forno comunitario con teito lousado.
Todo o camiño está limpo e en bo estado pero a sinalización é deficitaria, polo que é recomendable levar algún tipo de apoio. O primeiro tercio do roteiro é practicamente unha subida permanente pero non require dunha gran técnica e a paisaxe teravos distraídos, prometido! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *