Fai uns días, cando vos falei deste roteiro, comenteivos a existencia dun museo de visita imprescindible. De feito, o propio percorrido atravesa unha parte dos terreos pertencentes a esta propiedade.
Aquí poderedes ver, en moi bo estado de conservación, alén da propia casa outras dependencias adicadas ao almacenamento e transformación de produtos coma un lagar de viño, un forno, un muíño ou un lagar de aceite entre outros.
As visitas son guiadas e gratuítas e conta cun amplo horario de atención ao público. Espero que vos guste! 

