Roteiro de Verea Nova. Concello de Sandiás

Neste camiño circular duns 11 quilómetros escasos de lonxitude, poderemos coñecer atractivos puntos de interese da zona, coma a Igrexa Parroquial de Santo Estevo, o centro de interpretación Casa da Lagoa de Antela, o Pazo do Telleiro e o seu pombal, os miliarios do Campo da Lama, a capela de Nosa Señora da Luz e San Mateo, fontes e fornos comunais e o espectacular mirador de Pico Costoira.
Para chegar a este último hai un desvío opcional de 1,2km ida e volta que xa están contemplados nos case 11 km que mencionei ao principio, pois é unha visita máis que obrigatoria pola magnitude das vistas que nos ofrece.
Serán as aldeas de Couso de Limia, Vilariño das Poldras, Cerredelo e tamén o mesmo Sandiás, os encargadas de mostrarnos a arquitectura tradicional da zona coas súas construcións antigas, fornos comunais e fontes.
Todo o roteiro está limpo e ben sinalizado, pero ollo nos días que aprete a calor, pois non conta con demasiada sombra.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *