Este roteiro lineal, que parte do miradouro do Fafião, en Portugal, ten uns 15 kilómetros de lonxitude. Pódese chegar en coche ata o punto de partida e dende alí comezaremos subindo dende os 600m até os 900m de altitude por un camiño de pista limpo e bo de andar.
No seguinte tramo alternaremos subidas e baixadas por un camiño máis técnico até chegar á presa Porto do Laje onde podemos ver unhas augas azul verdosas espectaculares.
A volta efectúase polo mesmo camiño aínda que hai unha variante que permite facela circular. Eu hoxe non quixen arriscar porque a derradeira vez que tentei facer este roteiro, o outro tramo estaba moi cheo de maleza (maleza que pica
, toxos e silvas).
Aínda que non está perfectamente sinalizada, cunha mínima orientación e seguindo o percurso do río e as pedriñas que a xente foi amontoando pódese chegar sen dificultade. En caso de facer calor non é moi recome dable pois é moi aberta, carece de sombra.
Espero que vos guste!



















