Roteiro do banco da Caritaina- Pontesampaio- Salinas do Ulló

Uns 21km aproximadamente cunha subida levadeira ata o banco e o resto do camiño sen dificultade algunha. Cada km paga a pena pola beleza que presenta. As vistas, impresionantes.
Recomendo visitar a Granxa das Salinas do Ulló, é un sitio totalmente máxico 🧚‍♀️. Este roteiro poderíase partir en dous, por unha parte as Salinas do Ulló, con aparcamentos propios, e por outra o banco da Caritaina e Pontesampaio.
A saída deste en concreto parte de Arcade, que conta cunha pequena praia onde poder remollar os pés á chegada 😎🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *