Roteiro do pan, do aceite e dos miradoiros. Fafião. Portugal

Como parece que a calor vai ser a nosa compañeira nun futuro próximo, ahí vos deixo outra rutiña circular cun lugar totalmente idílico no que darvos un baño. Cunha lonxitude de pouco máis de doce quilómetros, este percorrido daranos a coñecer a aldea de Fafião, con numerosos atractivos coma a súa arquitectura tradicional, fermosos miradoiros e un espectacular foxo do lobo.
Acompañaremos as augas dos ríos Fafião e Conho que forman ao seu paso pintorescas pozas, e tamén veremos un lagar de aceite e un muíño na súa beira, todo isto entre unha densa vexetación autóctona.
Como puntos negativos direivos que o roteiro precisa labores de manutención en puntos concretos e que, no seu tramo final, cando descendemos ata acadar a N 308, recoméndovos continuar pola mesma ata a aldea de Fafião, pois polo roteiro que aparece marcado chega un punto no que continuar é totalmente inviable agora mesmo.
Que isto non vos desanime, pois as vistas e as pozas ben merecen a pelexa con algúns fentos rabudos 😜!
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *