Roteiro do río Fraga. Moaña

Este roteiro circular comeza e remata ao carón do río Fraga pasando por 30 muíños no seu percurso. Existen dúas variantes, unha curta de 5km escasos e unha longa de algo menos de 10km.
Os primeiros 5km son realmente espectaculares, idílicos. A paisaxe déixate sen palabras a cada metro. Perfectamente sinalizada neste tramo e o camiño en perfecto estado.
A partir de aquí comeza a complicarse a cousa. Hai maleza en varios puntos e a sinalización é difícil de ver. A segunda parte do percorrido, excepto o último tramo que é común, non é especialmente interesante co cal, a miña recomendación é facer os cinco primeiros kilómetros e voltar polo mesmo camiño.
Hai numerosos merendeiros e bancos, todos eles moi enxebres, onde poder coller forzas e disfrutar da paisaxe deixándose envolver pola natureza.
A zona é moi sombría co cal é ideal para o verán e hai a posibilidade de refrescarse en diferentes pozas.
Recomendo encarecidamente estes cinco primeiros kilómetros! ❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *