Roteiro do río Gorgua. Concello de Padrenda. Galicia.

Este roteiro circular, con 16 quilómetros de lonxitude e pertencente ao concello de Padrenda, terá como claro protagonista ao río Gorgua e Esmoriz, que serán os nosos compañeiros na primeira parte do percorrido. Da súa man descubriremos muíños, fervenzas, pozas, pontes e preciosos camiños baixo un frondoso bosque. Todo isto mentras subimos, así que o que avisa non é traidor!
Unha vez rematado o duro, contemplaremos as maravillosas vistas que ofrece o miradoiro de Quinta e comezaremos a baixada que nos levará a través de diferentes aldeas coma Monterredondo ou Freáns. Na primeira parte do roteiro coñeceremos tamén Casal de Veco, Gresufe e Gorgua.
Todo o camiño está limpo pero a sinalización é totalmente insuficiente. E aínda que non é un roteiro dos máis doados, paga a pena facelo! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *