Roteiro do río Gorgua

Con preto de 15 km, este roteiro circular atravesa Casal de Veco para despois acompañar ao río Gorgua onde podemos disfrutar de pontes, fervenzas, pozas, regatos e fermosos sendeiriños e parar a refrescarnos.
Asomarémonos tamén ao mirador de Quinta, pasaremos por Chan do Crego, a aldea de Monterredondo e Freáns.
Ideal para días calurosos pois o roteiro ten gran parte de percorrido por sombra. Aínda que conta cunha subidiña no seu perfil, paga a pena facela. A paisaxe é realmente cautivadora a cada paso.
O roteiro está moi limpo e ben sinalizado.
Espero que vos guste ❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *