Aquí vos deixo outra rutiña situada nos primeiros postos de entre as miñas favoritas. E as razóns? Ahí vos van, prestade atención!
Teño que dicir que aínda que a paisaxe que nos ofrece esta ruta cos seus verdes prados, pintorescos camiños e antigos abrigos para pastores é maravillosa, non foi iso o que fixo que entrara no meu Top 10, aínda que tamén axudou, non me malinterpretedes.
Tal vez o que máis chamou a miña atención foi a grande riqueza patrimonial de aldeas coma Vilarinho Seco (da que quedei namorada na miña primeira visita xa), Bostofrio e Agrelos. Estes lugares semellan ancorados no tempo, mantendo á perfección a súa esencia, a súa arquitectura tradicional e enchendo de paz a aquel que os percorre.
Circular e con 10 quilómetros de lonxitude, recoméndovos a capela de Bostofrio como punto de partida. Así comezaredes cun lixeiro descenso ao que seguirá o maior ascenso do camiño, que se mantén uns dous quilómetros e medio, e a partir do cal o desnivel se volve máis favorable.
Ben sinalizada e con camiños en bo estado, recoméndovos precaución en época de choivas ou no inverno, xa que os camiños tenden a acumular auga e o frío faise notar especialmente nestas altitudes.
Espero que a desfrutedes! 

