Roteiro dos Muíños do Regueiro de Golfariz. Concello de A Estrada.

Con 3 quilómetros escasos de lonxitude, este roteiro circular ten moito que ofrecer. A través dun fermoso bosque autóctono, descubriremos varios muíños, pontes, esculturas, pasarelas, unha fermosa fonte e tamén unha zona de merendas. Todo isto cun denominador común, as augas do Regueiro de Golfariz.
O camiño está en perfecto estado e ben sinalizado grazas ao traballo de Manuel López Castiñeiras, natural da zona e canteiro e escultor. Foi él quen habilitou o roteiro e traballou na súa adecuación, así coma na creación das obras de arte que atopamos ao noso paso. Realmente admirable!
Dicir que hai estacionamento no punto de partida e que a segunda metade da ruta transcorre por pavimento asfaltado.
O dito, totalmente recomendable, encantaravos! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *