Roteiro dos Muíños do Río Gato

Vou comezar dicindo que existe un roteiro de pouco máis de 4 km que pasa polos puntos máis atractivos do río Gato nesta zona. Pero eu propóñovos outro de 14km se vos gusta camiñar e podedes que visita aldeas de gran interese.
Este roteiro circular parte do eido recreativo “O Silandeiro” onde está a Fontana do Rei que mana auga potable. Tamén se pode comezar o percurso no eido recreativo “O Toural” ou en calquera unha das aldeas das que vou falar a continuación en caso de optar pola versión longa.
Hai oito muíños visitables e dous miradores dende os que contemplar os canóns do río Gato e Arnoia. O encontro entre ambos da lugar a unha fermosa fervenza.
No percurso máis longo visítanse o pobo de Sande coa súa igrexa barroca e a maxestuosa torre no alto, Oleiros, A Teixugueira (ao carón da cal está unha canteira xa en desuso e penso que con acceso prohibido), Cartelle e Madarnás.
Os camiños están bastante limpos e aínda que hai algunha subidiña e baixada a dificultade non é grande e non se trata dunha ruta técnica.
Paréceme un roteiro moi fermoso no que natureza e historia van da man ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *