Roteiro dos ríos Vilacoba e San Xusto

Cuns 20km de lonxitude, este sendeiro circular resulta un imprescindible. Podo dicir que o situaría entre as tres rutas máis bonitas de Galiza de todas as que levo feito, que non son poucas precisamente. Sitúase na zona de Lousame, na provincia da Coruña.
Sae de Portobravo e transcorre ao carón do río case todo o recorrido. Moi indicada para días calurosos pois hai sombra case constante.
Pasa polos muíños de Brandía, a antiga fábrica de papel de Fontán, a antiga fábrica de papel de Galiñeira, a Ponte de Vilacoba, a espectacular fervenza de San Xusto e a de Toxosoutos onda que podemos ver tamén o que no seu día foi un mosteiro.
Aínda que o desnivel non é un problema, xa que só hai un pequeno tramo de subida por pista e outro de baixada por pista tamén, sí é certo que o sendeiro que vai pegado ao río ten tramos que en días húmidos poden resultar esvaradíos xa que son estreitiños e cheos de raíces das árbores.
Recoméndovola encarecidamente ❤🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *