Roteiro Leiro- Pozo dos Fumes- Pazos de Arenteiro- Viñoá

Este sendeiro circular é duns 15km e parte de Leiro, pasando pola ponte da Cruz e chegando ata o Pozo dos Fumes. A volta faise polo precioso pobo de Pazos de Arenteiro que nos adentra nun monte máxico onde atravesamos a aldea abandonada de Viñoá e logo Lebosende para rematar de novo en Leiro.
É un camiño moi agradable, limpo e bo de andar; cheo de detalles que non te deixan indiferente.
Recomendable para días de calor pois transcorre por zonas sombrías na súa maioría.
A pasalo ben!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *