Hoxe vouvos presentar o roteiro máis duro que levei a cabo este ano, e non estou a falar de esixencia física precisamente.
Con 11,5 quilómetros de lonxitude e unha parte do seu trazado circular, este camiño sae de Lindoso, que nos sorprende co seu castelo e impresionante eira de canastros. Continúa seguindo o trazado da GR 50 ata ofrecernos unha espectacular panorámica dende as alturas, e diríxenos a través dun negro bosque, víctima dos derradeiros lumes, ata o Poço da Gola, lugar idóneo para refrescarse ou repoñer forzas.
Dende ahí continuaremos ata Parada, que tamén sabe de eiras de canastros, antigos petos de ánimas, lavadoiros e arquitectura tradicional ben conservada. E retomaremos parte do percorrido inicial para emprender a volta a Lindoso.
O roteiro está limpo aínda que non sinalizado, co que se recomenda levar algún tipo de apoio. Non conta con grandes desniveis e alterna tramos de sol e sombra.
Desfrutade do patrimonio que ofrece e das cristalinas augas do Poço da Gola! 

