Roteiro Mistura das Águas. Peneda. Portugal.

Este roteiro circular de 14 quilómetros escasos de lonxitude, ten un claro protagonista que é a auga. Iso non quere dicir que non teña outros elementos de grande interese coma os que ofrecen as aldeas de Beleiral, punto de partida, ou Tibo. As fermosas panorámicas que desfrutaremos polo camiño ou os variopintos sendeiros polos que transitaremos.
Os nosos compañeiros de ruta serán o río da Peneda e o río da Veiga, que no seu punto máis distal deste sendeiro se unirán ao río Castro Laboreiro para formar a coñecida localmente como “mistura das águas”. Pero antes de chegar aquí poderemos desfrutar de fermosas lagoas, entre elas a do Druida, nas que darnos un baño e incluso unhas brazadas.
A ruta conta con subidas e baixadas, con zonas de sombra e zonas despexadas, está perfectamente limpa e a súa sinalización é mellorable a partir da aldea de Tibo. E por suposto, sobra dicir que paga moito a pena! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *