Roteiro O Cebreiro- Penedo da Vela e Penedo das Fatigas. Galicia.

Hoxe preséntovos un roteiro apto só para aqueles máis aventureiros, destemidos e con experiencia no monte, xa que os camiños nin sempre existen, as veces é preciso axudarse coas mans para subir a algúns puntos e conta cunha baixada “interesante” contra o final.
A ver… sei o que estades pensando e non, non estou tola, polo menos non por isto! Dicir a seu favor que o roteiro ascende ata o vértice xeodésico do Cebreiro, dende o cal se acadan unhas espectaculares vistas. Atravesa mestas florestas, sobre todo de piñeiros, dos concellos de Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar. Descúbrenos impresionantes penedos cos que deixar voar a imaxinación, coma o das fatigas ou o da vela. Tamén o lugar do antigo foxo do lobo ou fontes coma a da Cunca.
Podedes atopar no Wikiloc o meu track, circular e duns 12 quilómetros de lonxitude. Non vaiades en pantalón curto se lle tedes algo de amor ás pernas! Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *