Hoxe, ao igual que nalgunha outra ocasión, vouvos propoñer un roteiro que, aínda que non está en Galiza, se sitúa moi preto da fronteira.
Partindo da aldea de Pitões das Júnias podemos seguir un sendeiro circular que nos amosará unhas vistas espectaculares das montañas e da presa de Paradela para levarnos ata a fermosa capela de São João da Fraga. Dende aquí as vistas a 360 graos son realmente espectaculares. Na volta pasaremos por un foxo do lobo e unha pequena fervenza.
Aínda que estes son os puntos máis chamativos do camiño, teño que dicir que os sendeiros en sí xa serían dignos de visita sen máis. O roteiro alterna camiños entre árbores frondosas con estreitos pasos entre penedos practicamente ausentes de vexetación. Espectacular. Todo ben limpo e sinalizado.
En caso de querer ampliar a camiñata, pódese enlazar coa ruta que leva ao mosteiro de Santa Maria das Júnias (un imprescindible) e a Cascata de Pitões das Júnias (outro imprescindible). A estes dous puntos pódese chegar practicamente en coche. Ao mosteiro hai 350m dende o aparcamento e á cascata 950m.
Logo deste paseo, se queredes repoñer forzas, recomendo encarecidamente visitar a Padaria Pitões. Os doces están…

. E o pan xa nin o comento! E se o que queredes é xantar, nada coma o restaurante Dom Pedro!
Espero que vos animedes e o disfrutedes 















