Roteiro pola fervenza de Augacaída e Subida ao Castro de Marce

Pertence a un tramo da PR-G 162, ruta da Ribeira Sacra do Río Miño. É circular, de 11,5km e excepto un pequeno tramo inicial e final que vai pola estrada o resto é todo verde. Aínda que non é esixente no seu conxunto, a subida da fervenza para aqueles que non están acostumados a andar pode ser algo custosa.
Como podedes ver nas fotos, hai un guía canino especializado 😋.
O tramo coincidente coa PR-G 162 está perfectamente sinalizado e en xeral todo o camiño está limpo e libre de maleza salvo un par de estrugas 😅🙉.
Tamén se pode visitar a fervenza directamente deixando o coche no aparcamento que hai e baixando a pé preto de dous km. A Marce pódese chegar en coche directamente. Hai unha parte do pobo máis nova, que é onde se atopa a torre reloxo de 1920, e outra vella e abandonada. Unha mágoa pois as edificacións son arquitectonicamente espectaculares.
Roteiro recomendable 💪🏃🏻‍♀️🏃🐕🐕🐕

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *