Roteiro pola fervenza de Casariños e Chouzos do Suído

Cunha lonxitude de 26 km aproximadamente, este sendeiro parte do aparcamento da fervenza de Casariños dende onde pasa pola mesma, se achega a varios chouzos do Suído, a pedra de Abalar e ao Coto dos Ladróns. Dende ahí colle camiño cara a praia fluvial dos Prados, lugar ideal no punto intermedio do roteiro para facer unha pausa e repoñer enerxía ou incluso darse un refrescante baño. Logo atravesa o pobo de Liñares e a praia fluvial de A Laxe para chegar de novo ao punto de inicio.
Os camiños están limpos e son bos de andar. Hai gando solto en diferentes puntos, cabalos e vacas, aínda que sen perigo algún.
O roteiro proposto é unha mestura de dous sendeiros co cal é preciso gps para levalo a cabo pois a sinalización nalgún tramo de unión de ambos é deficiente.
Recoméndoa encarecidamente pola súa duversidade paisaxística. Parte da serra para continuar ás beiras do río, entra nun monte alto e volta á serra.
Non recomendable para días de calor xa que non hai moito tramo de sombra. Sí conta con varios puntos nos que poder refrescarse aínda que só hai fonte de auga potable en dous puntos.
Disfrutádea ❤!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *