Hoxe propóñovos un percorrido totalmente diferente, iso sí, cargadiño de historia e beleza! Esta muralla conta con máis de dous quilómetros de perímetro e ronda entre os 8 e 12 metros de altura. Datada da época romana, foi declarada Monumento Nacional no ano 1921 e tamén Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000.
Orixinariamente contaba con 85 torres, das cales se conservan 71, e cinco portas, aínda que se engadiron posteriormente cinco máis. No seu interior podemos apreciar un coidado casco histórico con edificios emblemáticos, aínda que chaman a atención a existencia de zonas despoboadas e o que foron en outros tempos campos de cultivo.
Percorrédea enteiriña, visitade a catedral e o museo provincial e perdédevos nas súas rúas interiores! Non vos arrepentiredes! 

