Roteiro polas Illas Cíes

Con pouco máis de 16 km e medio pódense percorrer os puntos máis pintorescos das Illas Cíes. Aínda que hai algún tramo do camiño circular, tamén hai trozos lineais nos que a ida e volta se fai polo mesmo camiño.
Saíndo do embarcadoiro collemos dirección á praia de Rodas, catalogada como das máis bonitas do mundo. De ahí continuamos cara o Faro da Porta e o Faro de Cíes cunhas magníficas vistas cara a Illa de San Martiño.
Subimos ata a Pedra da Campá, unha xanela nun penedo con vistas ao mar. Dende aquí voltamos cara o embarcadoiro para percorrer a illa no outro sentido.
Visitamos a praia de Figueiras, o Faro do Peito, cunhas vistas magníficas da nosa costa e o Alto do Príncipe.
Os camiños están perfectamente limpos e ben sinalizados. Son moi descubertos, ollo en días de calor e tamén coidado coas queimaduras.
Moi recomendable, e iso que a min tocoume choiva de seguido! ☂️⛱️❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *