Roteiro polas inmediacións de Allariz.

Hoxe vouvos presentar un camiño que me queda á porta da casa e que foi, entre outras cousas, o que fixo que me namorara do lugar no que vivo ❤️.
Circular e cuns 10 quilómetros de lonxitude, este sendeiro atravesa as aldeas de Nanín, Aira Vella, A Portela de Aira Vella, Vilariño e a vila de Allariz. Partindo de Allariz, comezaremos cunha subidiña inicial que dará lugar a un camiño sen desnivel ou cunha lixeira tendencia a baixar ata o seu fin.
A través de fermosos bosques autóctonos, descubriremos algunhas aldeas que anos atrás tiveron moito que ver co oficio do coiro e nas que aínda podemos atopar algúns elementos relacionados co seu pasado.
Todo o camiño está perfectamente limpo. Espero que vos guste! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *