Hoxe sitúovos na costa para falarvos deste sendeiro circular, duns 12 quilómetros de lonxitude, que nos embelesará no seu punto máis alto cunha espectacular e ampla panorámica da zona.
Entre os atractivos desta ruta é preciso mencionar a vista que temos da praia de Lariño preto do punto de inicio. Tamén as praias do Ancoradoiro, de Area Maior e a de Louro, polas cales camiñaremos. E abandonando as praias, podemos desfrutar da lagoa de Louro así coma deleitarnos coas vistas dende o miradoiro do monte Louro.
O camiño está limpo pero carece dunha boa sinalización. E aínda que o traxecto non é longo, teño que dicirvos que sí un pouco complexo, xa que inclúe un tramo de penedos, outro importante no que se camiña pola area e unha considerable subida e posterior baixada para achegarnos ao miradoiro. Iso sí, nada que non se poda facer con sentidiño, precaución e paciencia. Encantaravos! 

