Sendeiro circular de pouco máis de 10km que parte do Santuario de Nossa Senhora de Peneda.
De sacado unha subidiña non ten maior dificultade. Os camiños están limpos, son variopintos e moi pintorescos. Pasa ao lado do penedo de Meadinha, onde se practica escalada, e tamén a carón dunha présa ben fermosa.
O Santuario xa de por sí fai que mereza a pena a viaxe até aló. En tempada alta, na praza do santuario, hai diferentes postos de artesanía dignos dunha visitiña.













