Roteiro polos ríos Vilacoba e San Xusto. Fábricas de papel de Lousame. Galicia.

Continuando co Top 10 das miñas rutas favoritas iniciado días atrás, tanto a un lado da fronteira coma ao outro, hoxe comparto con vós esta á espera de que vos guste tanto coma min!
E que ten de especial para estar no meu Top 10? As antigas fábricas de papel de Fontán e de Galiñeira, os muíños de Brandía, as fervenzas de San Xusto e Toxosoutos, a ponte de Vilacoba e o que resta do que noutra hora foi un mosteiro. Iso por non falar da paz e tranquilidade que nos ofrece o son do decorrer das augas dos ríos Vilacoba e San Xusto e a beleza do bosque que o abraza.
Circular e duns 20 quilómetros de lonxitude, non conta cunha grande dificultade técnica, a excepción das épocas de choiva que poden facer que certos puntos sexan especialmente esvaradíos.
A ver que vos parece! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *