Hoxe achégovos un roteiro circular, ideal para estes días de calor, xa que conta con fermosas e tranquilas praias onde refrescarse, carece de dificultade técnica algunha e a súa lonxitude é de aproximadamente 4 quilómetros de litoral nos que se combinan á perfección cantís rochosos, miradoiros naturais, observatorios de aves e zonas de baño.
Entre os seus puntos de interese tamén destacan unha antiga fábrica de salgadura (que ofrece visitas só algúns domingos no verán), antigas instalacións militares e penedos que son auténticos monumentos xeolóxicos e paisaxísticos con máis de 300 millóns de anos, moi ben levados por certo! Direivos como curiosidade que algúns deles, dado a súa envergadura, foron empregados polos pastores para refuxiarse tempo atrás, que son coñecidos coma os Chouzos de Esqueiros e que forman parte do noso patrimonio etnográfico. Como podedes ver, a nosa terra é toda unha caixa de sorpresas.
O camiño está limpo, de sacado algunha silva sociable que sae de cando en cando a saudar
, pero a sinalización é inexistente practicamente. Déixovos coma sempre o meu track de ruta no Wikiloc. Xa me contaredes a ver que vos parece!

