Moi preto da fronteira con Galiza atopamos este lugar onde historia e beleza van da man. O percurso que vos propoño é circular e duns 13km. Sae de Castro Laboreiro e pasa por Barreiro, Assureira, a Ponte da Cava Da Velha (declarado monumento nacional), Curveira, a Ponte da Varziela e regresa ao punto de inicio.
Merece especial atención Castro Laboreiro onde, seguindo o roteiro proposto, visitaremos a Cascata do Laboreiro e o Castelo. Ademáis destes puntos, esta fermosa vila ten moito máis que ofrecer. Case é obrigado achegarse a súa igrexa, ao núcleo museolóxico e pararse a camiñar polas súas rúas. Ademáis conta con restaurantes de comida típica portuguesa realmente deliciosa.
Dende Castro Laboreiro hai numerosas rutas de diferente lonxitude e grao de dificultade que se poden realizar. Esta concretamente conta cunha baixada e unha subida que son perfectamente asumibles e os camiños están limpos así que, de sacado polos kilómetros que son, non ten maior dificultade.










