Roteiro por terras do concello de Avión (parte 2). Galicia.

E aquí vos traio a outra ruta da que vos falaba onte, que podedes enlazar facilmente coa anterior. Circular tamén e cuns 8 quilómetros de lonxitude, lévanos a descubrir a aldea de Barroso, que agocha tesouros coma a igrexa de Santa Baia e o seu viacrucis, un impoñente cruceiro con pousadoiro ou unha numerosa concentración de canastros.
Dende ahí e a través dun denso bosque autóctono, chegaremos ata o Pozo Negro, lugar que sen dúbida algunha vos deixará engaiolados, e a unha antiga ponte que nos devolverá ao punto de inicio.
Os camiños son bos e están en perfecto estado, pero este roteiro, ao igual ca o de onte, tampouco está sinalizado, co cal podedes botar man do meu track no Wikiloc ou no Sports Tracker para orientarvos. Conta na parte final cunha subida interesante, non vos vou mentir, pero paga a pena percorrelo e moito!
Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *