Roteiro PR8 de Vilarelho da Raia. Portugal.

Con 17,5 quilómetros de lonxitude, este percorrido circular con inicio en Vilarelho da Raia lévanos a través de camiños e aldeas cargadiños de historia e curiosidades. E é que a raia dá moito de sí, xa que foi escenario de batallas, de actividades coma o contrabando e tamén motivo de disputas. E iso por non falar dos Pobos Promiscuos, que ata o Tratado de Lisboa de 1864 tiñan os seus territorios (e ás veces até as propias casas) divididas entre España e Portugal.
Como vedes este roteiro non ten desperdicio ningún. Alén diso teño que dicir que está perfectamente sinalizado, que os camiños están máis que limpos, e que a súa dificultade radica principalmente na súa quilometraxe. Non conta con grandes subidas nin baixadas e ten unha variante que permite reducir a súa distancia. Ollo nos días de calor pois ten moito tramo despexado e os lugares para refrescarse limítanse ás aldeas polas que pasa; Vilarelho da Raia, Cambedo e Vilela Seca.
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *