Roteiro Soutochao- Berrande- Fervenza da Cidadella

Fai pouco descubrín a fervenza da Cidadella. Xa ma recomendaran tempo atrás pero recoñezo que non ma imaxinaba así de espectacular.
Este é un roteiro duns 15km aínda que se pode chegar en coche ata preto da caída de auga en caso de non querer ou poder camiñar. A ruta en si é levadeira, con demasiado asfalto para o meu gusto, aínda que cando te adentras na zona dos muíños, un pouco antes de chegar á fervenza, a fermosura do lugar fai que todo o asfalto do mundo pagase a pena.
O roteiro é circular e sae de Soutochao, e hai varios puntos do camiño nos que se poden refrescar os pés.
Anímovos a coñecela, non defrauda. ❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *