Outra que non pode faltar no listado das máis que imprescindibles! E cal é a razón de que esta se atope no meu Top 10? Doado! O encanto dunha fermosa aldea, hoxe en día sen habitantes, ubicada nun enclave do máis singular. Unhas panorámicas inigualables do val no que se atopa, fermosas pozas e caídas de auga e os restos do pasado mineiro do lugar. Paisaxe, arquitectura tradicional e historia!
O roteiro é lineal, duns 11 quilómetros de lonxitude ida e volta, está perfectamente limpo e sinalizado. Non esquezades acompañar o curso do río un anaquiño antes de comezar o regreso se o nivel da auga o permite. Non defrauda! 

