Ruta da Floresta Encantada de Salto. Portugal.

Circular e cuns 11 quilómetros de lonxitude aproximada, este roteiro non deixa indiferente a ninguén. E é que son tan múltiples os seus encantos coma a variedade paisaxística que nos ofrece. Descubriremos a grandeza que outrora deberon vivir aldeas barrosás coma a de Paredes, Corva e Salto, lugares nos que vos convido a perdervos polas súas rúas, descubrir cada recuncho que agochan e como non, visitar o Ecomuseu do Barroso ubicado na Casa do Capitão de Salto. Xa en ocasións anteriores vos falei del e é máis que obrigatorio ir.
No que ten a ver coas paisaxes, indescriptibles, con unha grande diversidade, numerosos miradoiros naturais e até dous “baloiços”, un deles totalmente idílico. Todo o camiño está en bo estado e limpo, alterna zonas de sol e sombra e aínda que conta con subidas e baixadas, non reviste unha grande dificultade. Iso sí, non está balizado, así que unha vez máis déixovos o meu track de ruta dispoñible no Wikiloc. Estou pensando en pasala para o meu Top 10 de trilhos en Portugal, así que moi recomendable! Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *