Ruta da Fraga (modalidade longa). San Xoán de Río

Este roteiro ten dúas versións, a longa, circular e de pouco máis de 15km, e a curta que debe rondar os 9km.
Neste caso vouvos falar da longa que é a que levei eu a cabo. Ao ser circular permite saír do punto que mellor situado nos quede. Pasa por San Xoán de Río onde compre visitar a súa igrexa, Domecelle, Mouruás, San Xulián, Cerdeira e os seus miliarios, As Guistolas co seu encoro, Ponte Navea, lugar que xa vos recomendei fai uns días e o Miradoiro da Fraga do Navea.
Os camiños están limpos, ben sinalizados e son bos. A ruta ten algunha pendente un pouco pronunciada pero nada que non se solvente con paciencia e algunha paradiña para apreciar os seus bosques mixtos galegos centenarios e as aldeas que semellan estar ancoradas no tempo.
Espero que vos guste e a disfrutedes! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *