Ruta da Insua de Seivane. Outeiro de Rei. Galicia.

Hoxe achégovos unha alternativa para adultos, nenos e peludos, debido a súa curta distancia e escasa dificultade. Con quilómetro e medio aproximadamente, este roteiro circular preséntanos a Insua de Seivane, en augas do río Miño e en pleno corazón da reserva da biosfera Terras do Miño. Con inicio na ponte colgante de Parada, é posible prolongala tanto como queirades, xa que ten un tramo común co “Camiño do Miño”, de 18 quilómetros de lonxitude e con inicio en Fraiz (Taboi) e fin en Gondai (Parada). Este aínda o teño pendente!
Déixovos no Wikiloc o meu track de 3,5 quilómetros por se queredes inspirarvos. Todo o camiño está en perfecto estado e decorre por estreitos e sinuosos sendeiros e unha densa vexetación que convidan a relaxarse. Espero que vos guste! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *