Hoxe vouvos presentar un percorrido circular duns 7 quilómetros escasos de lonxitude, fermoso e difícil a partes iguais. Advertirvos que non é para todos os públicos, que é moi técnico e esixente, non apto para persoas con vertixe, cun equilibrio deficitario ou que non poidan axudarse cos brazos en determinadas subidas ou baixadas. Pode ser que peque máis de precabida ca de atrevida pero o que avisa non é traidor!
Ao longo do roteiro que parte da capela de San Paio veremos diferentes fervenzas, todas elas espectaculares, rodeados de frondosos bosques entre os que se abren camiño como boamente poden estreitos e singulares sendeiros e pintorescas pontes de madeira.
Aínda que existen algúns puntos azuis e verdes ao longo do percorrido, considero máis que necesario levar algún apoio para orientarse ou ir con alguén que coñeza o camiño. O lugar é sombrío e adecuado para os días de calor. Ademáis invita a darse un baño!
Agradecervos a todos aqueles que me recomendastes en máis dunha ocasión este camiño, porque a verdade é que me encantou, e hoxe son eu a que espero que vos guste! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #fervenza #cascada #cascata #Mazaricos #milfervenzas

