Ruta de Penelas

Concello de Paderne de Allariz
Este roteiro circular con inicio e fin na aldea de Penelas, conta con pouco máis de 10 quilómetros de lonxitude e coincide cun tramo da ruta da Santa Pedra, do mesmo concello.
Partindo da aldea de Penelas atravesaremos A Neta e chegaremos ata a capela de Baamonde, e un pouco máis adiante, ó pobo de O Moredo, altura á cal deixaremos o asfalto para adentrarnos nun fermoso bosque autóctono tras contemplar a arquitectura típica da zona, reflexada nas construccións máis antigas destes lugares.
A través de singulares camiños chegaremos á Santa de Pedra, fincada sobre un penedo con forma de ouvido no que sempre hai auga curativa, segundo din os da zona. A lenda relaciona este lugar co asento de Santa Mariña cando apacentaba o gando. En 1790, o párroco de San Vicente, Don Antonio Cid, encargou a Santa de Pedra, como reza a inscripción que aparece debaixo da mesma.
Ata esta parte practicamente é todo subida, unha subida paulatina, levadeira e que non require técnica, pero subida. Dende aquí o perfil suavízase bastante ata comezar o descenso que nos achegará á Igrexa de San Vicente de Coucieiro e de ahí á aldea de Ousende para regresar de novo ao punto de inicio.
Todo o camiño está limpo e segue a sinalización da ruta da Santa Pedra, co cal é interesante levar un track de apoio para saber unicamente a que altura exacta hai que deixala.
Os meus parabéns a este concello por outro maravilloso e ben coidado roteiro! Lémbrovos que xa vos falei en ocasións anteriores do de San Xes, duns 13 quilómetros, e o do Falbán, duns 22 quilómetros, ambos igual de recomendables!
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *